18/4/24

POLOS CREATIVOS: EDICIÓN DE VÍDEOS

Durante o mes de abril, as mestras do noso cole estiveron recibindo formación para a creación e edición de vídeos e curtas, co obxectivo de crear diferentes curtas co alumnado para o festival de cine que temos programado celebrar a finais de curso.



17/4/24

FORMACIÓN DE RADIO ESCOLAR

Esta semana tivemos unha formación de Radio Escolar para o alumnado de 4º EP  e 5º EP e tamén para as mestras.

Esta formación dividiuse en tres partes:
- Obradoiro de voz.
- Obradoiro de podcast
- Montaxe dunha radio.

Foi moi divertido e aprendemos moito.

Podedes ver as nosas creacións buscando a nosa canle "AS LERIAS DE LEIRADO" na plataforma Ivoox.




12/4/24

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS CON PABLO PRADO

 Esta semana reunímonos o club de lectura de adultos.
Foi un club de lectura moi especial porque gozamos da visita de Pablo Prado, ilustrador dos libros "Nerea" e "A batalla de Rande", que foron os últimos libros lidos neste club.

Grazas pola visita, foi todo un pracer!





2/4/24

OBRADOIROS DE PASCUA

A última semana do segundo trimestre fixemos uns obradoiros moi especiales na nosa biblioteca: 
Durante os recreos, todos aqueles que se acercasen pola nosa biblio, podían escoller entre as 4 actividades diferentes que tiñamos no noso recuncho de argalleira relacionados coa pascua.





Estes obradoiros foron todo un éxito!!!

29/3/24

CLUBES DE LECTURA 2º TRIMESTRE

A semana previa ás vacacións de Pascua tivo lugar a segunda xuntanza dos clubs de lectura deste curso.

O club dos pelagatos e o club dos pescalibros tiveron unha animada charla sobre as lecturas que realizaron mentres facían unha merendola.

O libro escollido en 5ºEP foi:

A señorita Bubble, de Ledicia Costas.

Por outra banda, a rapaciada de 6ºEP leu un libro de banda deseñada:

Nerea, o príncipe da sorte, de Miguel Rojo e Pablo Prado.


 

15/3/24

NOVOS AUDIOLIBROS NA NOSA BIBLIOTECA

As voluntarias e os voluntarios da nosa biblioteca non paran!  Estes días están na radio gravando novos audios para algúns exemplares da biblioteca. 

Desta forma, facemos a lectura accesible para todo o mundo e todos e todas podemos gozar cun conto.

O noso lema: NINGUÉN SEN LECTURA!


11/3/24

OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA

A semana pasada gozamos dun obradoiro de estampación para todo o alumnado grazas á  imprenta ambulante "Alquette machine".