24/4/17

DÍA DO LIBRO: "CONTAPATIO"

Chegou o Día do Libro e de novo o "Contapatio", actividade de lecturas compartidas. Este ano os lectores e lectoras foron de 3º, 4º, 5º e 6º. Como sempre o patio mudou para ser un lugar de concentración onde só se escoitan os baixiños murmurios da lectura, momentiños de paz en boa compaña e arredor dunha historia , "soando nas nosas cabezas a música da maxia ceiba", como di o texto co que Rosalía Fernández Rial  nos agasallou este ano ás Bibliotecas Escolares de Galicia.






O alumnado de 3º, que por primeira vez lía para os demais, manifestou o seu entusiasmo no seu blog de aula.

Continuamos coa programación de abril da que seguiremos dando conta nos próximos días!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...