8/3/16

AS MULLERES E OS TRABALLOS

Hoxe tivemos un Día especial dentro da actividade das Familias Lectoras. Mónica, nai de Miriam, Iker e Thiago, presentounos dúas lecturas adicadas ás mulleres e as profesións:

  Unha bailarina de caixa de música que se intercambia cos bonecos dun futbolín, e unha nena que soña con ser astronauta, xuiza, xornalista ou actriz, de todo menos princesa, desmontan estereotipos sexistas en relación cos traballos.



Mónica fixo unha lectura entretida que mantivo atentísimo ao seu auditorio. Logo compartimos unha pequena conversa sobre as historias escoitadas.




Grazas polo teu tempo e polo teu entusiasmo. Un pracer!

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...