26/4/24

OBRADOIROS DURANTE A SEMANA DO LIBRO

Durante toda esta semana, na nosa biblioteca, realizáronse distintos obradoiros relacionados co Día Do Libro, como crear marcapáxinas, colgadores para as portas, etc....

As nosas voluntarias e voluntarios colaboraron  no desenvolvemento destes obradoiros para que todo saíra fantástico.



25/4/24

LECTURA DE CONTOS POLAS AULAS

Durante a semana do libro, os voluntarios e as voluntarias da nosa biblioteca foron polas aulas lendo contos aos demáis compañeiros. Aproveitamos ás horas de lectura para realizar esta actividade:



23/4/24

AMADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o día do libro e no noso cole o celebramos cunha fantástica actividade na que participou todo o alumnado do centro.

Os amadriñamentos lectores consisten no seguinte:

A rapaciada de 4º, 5º e 6º de primaria escolle un conto na nosa biblioteca. Logo, nun recuncho do patio, teñen que lerlle aos máis pequenos do cole. Cada maior ten asignado un ou dos rapaces pequenos. 

Pasamos un rato fenomenal!



18/4/24

POLOS CREATIVOS: EDICIÓN DE VÍDEOS

Durante o mes de abril, as mestras do noso cole estiveron recibindo formación para a creación e edición de vídeos e curtas, co obxectivo de crear diferentes curtas co alumnado para o festival de cine que temos programado celebrar a finais de curso.



17/4/24

FORMACIÓN DE RADIO ESCOLAR

Esta semana tivemos unha formación de Radio Escolar para o alumnado de 4º EP  e 5º EP e tamén para as mestras.

Esta formación dividiuse en tres partes:
- Obradoiro de voz.
- Obradoiro de podcast
- Montaxe dunha radio.

Foi moi divertido e aprendemos moito.

Podedes ver as nosas creacións buscando a nosa canle "AS LERIAS DE LEIRADO" na plataforma Ivoox.




12/4/24

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS CON PABLO PRADO

 Esta semana reunímonos o club de lectura de adultos.
Foi un club de lectura moi especial porque gozamos da visita de Pablo Prado, ilustrador dos libros "Nerea" e "A batalla de Rande", que foron os últimos libros lidos neste club.

Grazas pola visita, foi todo un pracer!





2/4/24

OBRADOIROS DE PASCUA

A última semana do segundo trimestre fixemos uns obradoiros moi especiales na nosa biblioteca: 
Durante os recreos, todos aqueles que se acercasen pola nosa biblio, podían escoller entre as 4 actividades diferentes que tiñamos no noso recuncho de argalleira relacionados coa pascua.





Estes obradoiros foron todo un éxito!!!

29/3/24

CLUBES DE LECTURA 2º TRIMESTRE

A semana previa ás vacacións de Pascua tivo lugar a segunda xuntanza dos clubs de lectura deste curso.

O club dos pelagatos e o club dos pescalibros tiveron unha animada charla sobre as lecturas que realizaron mentres facían unha merendola.

O libro escollido en 5ºEP foi:

A señorita Bubble, de Ledicia Costas.

Por outra banda, a rapaciada de 6ºEP leu un libro de banda deseñada:

Nerea, o príncipe da sorte, de Miguel Rojo e Pablo Prado.